Sociedade
Lugo nomeará a Mariano Castiñeira Villaseca Fillo Adoptivo da cidade a título póstumo este venres
A homenaxe celebrarase o 13 de novembro no Auditorio Fuxan os Ventos e contará coa presenza da súa familia e representantes do ámbito deportivo
O HULA organiza unha gala benéfica para recadar fondos para o parque infantil Murallalandia
O espectáculo celebrarase o xoves 12 de novembro no Auditorio Fuxan os Ventos e contará con actuacións de baile urbano, canto en directo, maxia e baile caribeño
O Talentiño Solidario enche o Centro Cívico de Canido e recada máis de 500 euros contra o cancro
A gala reuniu gañadores e finalistas do certame nunha tarde de música, danza e maxia presentada por Rebeca Collado e Joaquín Enríquez
Ribadeo organiza un magosto solidario con Preto de Ti e a Asociación Fraternidad
A Praza de Abastos acollerá unha tarde de música, xogos populares, baile e venda solidaria de castañas para recadar fondos a favor da entidade
Avante Ourense propón instalar puntos violeta fixos cada fin de semana nas zonas de lecer nocturno
A iniciativa busca que estes espazos de prevención e información fronte á violencia machista non se limiten ás grandes festas, senón que teñan presenza estable nos lugares onde se concentra o lecer nocturno
A Alianza pola Vivenda convoca unha concentración en Ourense en defensa da vivenda, os salarios e as pensións
A protesta terá lugar este martes diante da Subdelegación do Goberno, onde se lerá un manifesto conxunto que reclama medidas contra a carestía da vida e a prol dos servizos públicos
O CD Lugo achegará os seus xogadores á afección cunha sinatura de camisetas na praza de San Marcos
O encontro cos seguidores terá lugar este martes 10 de novembro, a partir das 17:00 horas, despois da vitoria por 0-1 ante o Cacereño no último partido fóra da casa
Lugo acollerá as II Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense
O programa desenvolverase os días 12, 18 e 25 de novembro no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere e abordará o mundo dos castros, as orixes da Ribeira Sacra e a muralla romana
144 escolares de sete colexios compartirán escenario coa Banda O Landro no concerto "Os soños na gaiola"
O concerto de Santa Icía, con poemas de Manuel María musicados por Antón Alcalde e Suso Vaamonde, ofrecerá dúas funcións o 21 de novembro no Teatro Pastor Díaz
Anuncian a retirada da acampada pola vivenda de Vigo a partir do 15 de novembro
Durante todo o proceso manterán o funcionamento habitual e seguirán desenvolvendo actividades no espazo
A Semente celebra o seu tradicional magosto con castañas e teatro infantil en Barbaín
A festa terá lugar o venres 13 de novembro e incluirá a representación de 'A fada do saco verde', da compañía Loia Producións, ademais dunha degustación de castañas, empanada e bebida
Un veciño de Cerdido exhibe máis de 300 pezas dunha colección de 3.500 chisqueiros
Miguel J. Rodríguez Fraguela é o protagonista da iniciativa cultural 'Unha obra, unha mirada' deste mes de novembro, cunha mostra que reúne exemplares de diferentes épocas, materiais e temáticas
A Deputación de Ourense homenaxea á fiscala Carmen Eiró Bouza nunha nova entrega de ‘8M, mes a mes’
O programa de Igualdade recoñece en novembro o percorrido profesional dunha xurista con fortes raíces na provincia e unha longa dedicación ao servizo público
Burela deseña a súa programación do 25N centrada na educación e a implicación veciñal contra a violencia machista
A proposta inclúe unha andaina o día 22, actividades nos centros educativos e un acto central o 25 de novembro coa lectura do manifesto institucional
Cervo celebra unha tarde de Samaín con animación infantil e decoración de medo nas Escolas Vellas
A asociación Airiños do Xunco organizou unha xornada festiva cun espectáculo infantil e unha ambientación terrorífica que reuniu a veciños de todas as idades
Huellas de Sarria celebrará o seu décimo aniversario cunha xornada especial o 15 de novembro
A Sociedade Cultural La Unión acollerá, de 11:00 a 15:00 horas, unha programación con contacontos de Estefanía Padullés, música en directo de Nico Mao e María Oxeito, exposición, tenda solidaria e petisco
Amoeiro supera os 2.500 habitantes por primeira vez en máis de 45 anos
O municipio rexistra 2.505 veciños segundo os datos municipais actuais, superando o limiar dos 2.500 habitantes que non se acadaba dende hai máis de catro décadas
Eventos
Cortegada acollerá o vindeiro martes unha nova xornada de doazón de sangue
A localidade contará cunha unidade móbil durante varias horas para que os veciños interesados poidan achegarse a colaborar con esta causa
Óscar Rodríguez, campión do mundo de oratoria: "Galicia ten máis campionatos do mundo ca o resto de España"
O lucense gañou o Mundial de Oratoria en Español 2026 en Colombia tras quedar subcampión en 2024. A súa traxectoria comezou cunha lesión que o afastou do baloncesto e unha frase dun profesor que o levou ao debate, unha disciplina que hoxe promove entre os mozos a través da asociación Más Debate
Patricia Rivas, a moza escritora que soña con seguir contando historias a quen queira escoitalas
A sarriá, de 23 anos, atopou na literatura unha forma de expresar e superar as súas emocións. Con dúas novelas publicadas, non renuncia a seguir escribindo mentres agarda poder estudar Psicoloxía
Ordes acollerá unha charla informativa sobre o acollemento familiar de menores
A sesión celebrarase o venres 20 de novembro no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal e abordará o funcionamento do sistema de protección e a necesidade de novas familias acolledoras
‘Achégate’, o novo transporte gratuíto para maiores de 70 anos que conectará o rural de Betanzos co núcleo urbano
O Concello porá en marcha este servizo os martes, mércores e xoves para facilitar os desprazamentos e combater a soidade non desexada
A SDC Laiosa celebrará o seu Magosto o 15 de novembro cun xantar e actividades para todos os públicos
A cita comezará ás 14:00 horas e incluirá un menú con empanada, xamón á feira, troitas, churrasco, larpeira e castañas, ademais dunha merenda con chocolatada
Narón abre o luns as inscricións do campamento de Nadal para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
O Concello pon a disposición medio cento de prazas gratuítas para conciliar durante as vacacións escolares, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro










