BNG alerta do aumento da adicción ao xogo entre a mocidade e esixe ao PP reforzar a Lei do Xogo

O deputado do BNG Iago Suárez interpelou hoxe á Xunta na Comisión de Sanidade sobre o alarmante crecemento da adicción ao xogo entre menores, tras coñecerse que o 17,7 % da mocidade de 14 a 18 anos apostou diñeiro de forma presencial e o 10,7 % en liña, e que un 4 % presenta un uso problemático segundo o Informe sobre adiccións comportamentais 2024. Suárez recriminou ao Goberno de Rueda a “falta de ambición” da Lei do Xogo de 2023, que non contempla restricións eficaces para as máquinas comecartos nos bares nin regula o acceso ás criptomoedas.
O nacionalista recordou que o BNG presentou 46 emendas para reforzar a prevención, limitar o acceso en hostalaría e implantar cribados en atención primaria, emendas que só recibiron un “míteo apoio”. Alertou de que os 300 m de distancia mínima entre centros educativos e locais de apostas son insuficientes e propuxo levalo a 500 m, así como reducir xa o número das 11.000 máquinas existentes. Suárez emprazou o PP a abrir un debate de urxencia para “mudar de raíz” a lei e protexer o futuro da mocidade galega.