BNG considera “indigno e inhumano” que o Goberno de Rueda reciba un portavoz do estado xenocida de Israel

A viceportavoz primeira do BNG, Olalla Rodil, condena que o PP teña ao servizo do Goberno galego a recepción de Dan Poraz, encargado de negocios da Embaixada de Israel, e anuncia que presentará unha queixa formal no Parlamento.
Olalla
29 May 2025

A viceportavoz primeira do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, cualificou de “indecente e inhumano” que o Goberno de Alfonso Rueda recibise esta mañá no Pazo do Hórreo a Dan Poraz, encargado de negocios da Embaixada de Israel en España.
Rodil denunciou que, no medio do “xenocidio” que Israel está a perpetrar na Franza de Gaza, o PP empregue as institucións galegas “ao servizo dos intereses do estado sionista e terrorista”.

Ademais, criticou que a vicepresidenta primeira do Parlamento, Elena Candia (PP), recibise ao mesmo representante na sede da Cámara sen informar previamente o resto de grupos, vulnerando o seu dereito á transparencia.

O BNG presentará mañá unha queixa formal ante a Mesa do Parlamento galego, esixindo explicacións tanto ao Goberno como á presidencia da Cámara por esta “utilización indecente” das institucións públicas.

⚙ Configurar cookies
0.09526515007019