BNG esixe reforzar as medidas de prevención, vixilancia e detección “en todos os niveis” ante a vaga de feminicidios

A senadora do BNG, Carme da Silva, reclama accións urxentes contra a violencia machista e reforzos no sistema Vioxén ante a grave situación de feminicidios en Galiza e no Estado.
Carmen da Silva
28 Jun 2025

Ante a vaga de feminicidios que se están a producir no Estado español, sobre todo na Galiza, a senadora do BNG, Carme da Silva, demanda ao Goberno activar todas as medidas de prevención en todos os niveis e reforzar os medios e os recursos na loita contra a violencia machista. Urxe ao Ministerio de Igualdade a redobrar os esforzos e mellorar a coordinación coas Comunidades Autónomas con competencias nesta materia.

Segundo explicou, só nas últimas xornadas producíronse dous crimes machistas en Galiza con vítimas que figuraban no sistema Vioxén, e cinco feminicidios máis no Estado, un deles de violencia vicaria. Carme da Silva considera que “estamos en alerta máxima” e que as administracións deben actuar reforzando os sistemas de prevención, vixilancia e detección, especialmente agora no verán, época de maior convivencia das vítimas coas súas parellas agresoras.

A senadora reclama melloras urxentes no sistema Vioxén para incrementar a eficiencia na valoración do risco e evitar fallos na protección das vítimas. Tamén pide incorporar informes forenses urxentes, para o cal é necesario reforzar o persoal do IMELGA.

⚙ Configurar cookies
0.27470302581787