BNG pide ao PP que deixe de poñer paus nas rodas ós concellos que queren declarar zonas tensionadas

Alexandra Fernández critica a Rueda por boicotear ós concellos que queren aplicar medidas para frear os prezos da vivenda, como a declaración de zonas tensionadas.
Alexandra Fernandez
30 Jul 2025

O BNG acusa ao goberno de Rueda de dificultar activamente o acceso á vivenda a través dunha política de boicot sistemático ós concellos que queren actuar. A portavoz de Vivenda, Alexandra Fernández, denunciou que a Xunta responde con ataques políticos incluso cando os municipios máis grandes asumen as súas responsabilidades, como é o caso de Santiago.

Fernández reprocha que a Xunta envíe requerimentos cargados de incoherencias a informes técnicos serios como o elaborado pola Universidade da Coruña. O BNG reclama que o goberno do PP asuma as súas competencias e deixe de impedir que os concellos dean solucións ao problema da vivenda.

Segundo Fernández, a Xunta non só contribúe á burbulla inmobiliaria cunha inacción de máis de quince anos, senón que tamén obstaculiza medidas como a declaración de zonas tensionadas, prevista na Lei Estatal de Vivenda.

O BNG acusa ao Executivo galego de desviar responsabilidades aos concellos, sabendo que moitos carecen de recursos para realizar os informes técnicos esixidos. Nin fan, nin deixan facer.

⚙ Configurar cookies
0.2776792049408