Borja Fernández asumirá o mando do CD Lugo na tempada 2026/27

O técnico galego chega ao Anxo Carro tras lograr dous ascensos consecutivos coa UD Ourense e liderará o novo proxecto albivermello
Benvido-Borja-Fernández
17 Jun 2026

O Club Deportivo Lugo anunciou a incorporación de Borja Fernández como novo adestrador do primeiro equipo para a tempada 2026/27. O técnico galego será o encargado de dirixir o novo proxecto deportivo albivermello nunha aposta da entidade por un perfil novo, con coñecemento do fútbol, experiencia en vestiarios de alto nivel e unha traxectoria recente marcada polo crecemento deportivo.

Borja Fernández chega ao banco do Anxo Carro tras completar unha destacada etapa na UD Ourense, onde conseguiu dous ascensos consecutivos nos últimos anos. Ademais, o adestrador deixou ao conxunto ourensán en Primeira Federación despois dunha tempada sobresaínte dun equipo que se estreaba na categoría.

Antes de iniciar a súa carreira nos bancos, Fernández desenvolveu unha ampla traxectoria como futbolista profesional. Durante esa etapa defendeu as camisetas de equipos como o Real Madrid, o Real Valladolid ou o Getafe CF, entre outros clubs, unha experiencia que lle permitiu coñecer de preto a esixencia dos grandes escenarios competitivos e que agora traslada ao seu labor como técnico.

O novo adestrador do CD Lugo asinou por unha tempada e a súa presentación oficial terá lugar este mércores ás 12:00 horas na sala de prensa do Estadio Anxo Carro.

0.44015192985535