Bretoña contará cunha actuación musical como alternativa ás festas
A comisión organizadora das tradicionais festas de Bretoña, anunciou que este ano tampouco se celebrarán debido á covid, pero ofrecerán unha actividade alternativa.
Así, os días 21 e 22 de agosto, sábado e domingo, ao mediodía, o grupo da escola de música tradicional da Pastoriza amenizará a hora do vermú polas rúas do pobo.
Así mesmo, volverán iniciar a venda de lotería de Nadal nos locais comerciais e hostaleiros da zona, un dos métodos de financiamento que ten todos os anos a comisión e que irán destinados á próxima celebración.
A PASTORIZA
A comisión de festas da Pastoriza tamén comunicou a suspensión das súas festas patronais, que tiñan que celebrarse en setembro. "Debido á aínda presente situación de pandemia e as súas consecuencias, consideramos que o máis apropiado é aprazar as nosas festas, cruzando os dedos para poder celebralas xa si o ano que vén con toda a seguridade e como se merecen", explicaron.