Caixa Rural Galega inaugurará o 14 de setembro a súa nova oficina en Carballo

A apertura da nova oficina coincide coa semana na que se celebra o seu 60 aniversario, polo que a entidade considera que se trata dun momento especialmente significativo
asamblea-cuentas-caixa-rural
24 Aug 2026

Caixa Rural Galega inaugurará o vindeiro 14 de setembro a súa nova oficina en Carballo, a número 49 da entidade, nun acto que terá lugar ás 19.30 horas na rúa Desiderio Varela, número 6.

A apertura da nova oficina coincide coa semana na que Caixa Rural Galega celebra o seu 60 aniversario, polo que a entidade considera que se trata dun momento especialmente significativo. A cooperativa financeira destaca que este fito representa seis décadas de compromiso co aforro, co desenvolvemento económico e social de Galicia e coa proximidade aos seus clientes.

Coa apertura desta nova oficina, Caixa Rural Galega continúa reforzando a súa presenza no tecido económico e social galego e ampliando a súa rede de atención á cidadanía.

O acto de inauguración está aberto á presenza de representantes do ámbito económico e social, así como dos medios de comunicación. As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa presenza antes do xoves 10 de setembro a través do correo electrónico sarafernandez@caixaruralgalega.gal ou no teléfono 982 280 945.

0.36465692520142