Carmen Álvarez e Ángel Carracedo son os novos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC
carmen-alvarez-angel-carracedo-premios-investigacion
30 Jul 2026

O catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo e a catedrática e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) veñen de ser recoñecidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades cos Premios Nacionais de Investigación, dotados con 30.000 euros cada un.

Ao profesor Carracedo, Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón na área de Medicina e Ciencias da Saúde, recoñéceselle a súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica, mentres que o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera na área de Ciencias Físicas, dos Materiales e da Teerra concedéusellea Carmen Álvarez pola súa traxectoria investigadora no eido da ciencia dos materiais biomédicos.

Estes premios recoñecen o mérito daquelas persoas investigadoras españolas cunha destacada traxectoria científica, pero para a ministra, Diana Morant, "tamén poñen de manifesto a fortaleza do sistema público de ciencia, que impulsa o talento, fomenta a excelencia e sitúa España entre os países que lideran a investigación internacional”.

0.31229090690613