Celebran este sábado un roteiro polo Camiño Real
Un roteiro realizado este sábado ten como obxectivo a revitalización do Camiño do Nordés, unha ruta de peregrinaxe a Compostela entre Viveiro e Vilalba na que traballan a Asociación Camiño Real e a de Roteiros da Carba.
A ruta terá lugar a partir das 10.00. horas entre Xestosa, en Muras, e Abelleira, en Xermade. Trátase dun percorrido de 12 quilómetros no que se percorrerá, dende a Gañidoira a calzada da Veiga Grande, Cruz de Pena de Mulleres, Calzada d Fonte da Galiña, Cruz do Outeiro Grande, Cruz de Bestemud, Cruz das Cuiñas, Muras, O Burgo, Casanova, Reboiras, Armada, A Pía, Visura e Pousada de Pepa a Loba Abelleira.
A ruta terá como fin unha comida no Petróleo de Roupar para a que é preciso inscrición previa.
Os interesados en participar poden sumarse facelo a través das asociacións organizadoras, Camiño Real e Roteiros da Carba, así como dos concellos de Muras e de Xermade.