Celebran o 30 de outubro un curso de iniciación ao mundo dos fungos

GaliciaXa
O sábado terá lugar o Curso de iniciación ao mundo dos fungos. A parte teórica será na Casa Habanera e a parte práctica no Lagostelle.
curso micoloxia guitiriz portada
8 Out 2021

O sábado, 30 de outubro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar o Curso de iniciación ao mundo dos fungos. A parte teórica será na Casa Habanera e a parte práctica no AR San Xoán Lagostelle.

O prazo de inscrición será do do 11 ao 21 de outubro e a actividade está recomendaba para todos os públicos.

A actividade está centrada nun curso teórico-práctico sobre o mundo dos fungos, pautas para recollelas, aprender a diferencialas e o papel dos fungos no bosque.

A actividade seguirá en todo momento a normativa covid 19. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición no Concello ou no 982 370 109.

curso iniciacion fungos guitiriz
0.14449286460876