Chega a terceira edición da Ruta Moto Turística Desafío Lóstrego
O club Lóstregos-Lvcvs Moto Club organiza a terceira edición da Ruta Moto Turística de aventura e navegación Desafío Lóstrego Mariña Lucense.
Nesta ruta percorreranse case 370 quilómetros da Mariña ao longo de toda a xornada, para despois rematar ceando en Abadín, e comezará o venres 4 de xuño e poderase realizar ata o domingo 4 de xullo.
Está pensada para que os participantes poidan coñecer as zonas máis curiosas, descoñecidas e interesantes polo seu valor etnográfico, cultural ou paisaxístico da Mariña.
Consta de 10 puntos de paso, de obrigado cumprimento fotográfico para completar a ruta e deberase iniciar na cafetería das Gandaras de Lugo e rematar na Casa Goas de Abadín.
A ruta desenvolverase mediante o sistema de roadbook, este libro de ruta entregarase en dous formatos o dixital en PDF e o impreso.
Para participar no desafío é necesario anotar e pagar a inscrición de 40 euros que engade o almorzo, a cea, o pasaporte de ruta, unha camiseta e unha pegatina conmemorativa, o dorsal para colocar na moto, o roadbook en formato PDF ou o impreso por 6 euros máis, os 5 premios especiais, e algúns agasallos e sorpresas máis.
As inscricións poderánse formalizar a partires do sábado 8 de maio no formulario electrónico do evento en Facebook do motoclub Lóstregos-Lvcvs, e está limitado a 200 prazas.
Para máis información haberá que poñerse en contacto con Emilio no teléfono 619 987 809.