COGAMI reforza o seu compromiso coas persoas con incapacidade permanente total

COGAMI fortalece o seu apoio ás persoas con incapacidade permanente total, ofrecéndolles novas oportunidades laborais e formación para seguir activas no mercado de traballo.
Cogami Reforza-min
26 Feb 2025

Segundo datos da Seguridade Social, en Galicia hai actualmente 52.716 persoas con certificado de incapacidade permanente total, que lles impide desempeñar a súa profesión habitual, pero non outras actividades laborais. Moitas destas persoas reciben esta prestación arredor dos 55 anos e buscan alternativas para seguir traballando sen prexudicar a súa saúde.

COGAMI, a través da súa área de Emprego, ofrece orientación, formación e acceso a ofertas laborais ás persoas que teñen un grao de discapacidade do 33% ou máis e tamén a quen conta cun certificado de incapacidade permanente total. Actualmente, 16.935 persoas están rexistradas na súa bolsa de emprego, das que o 37% ten este tipo de incapacidade. Durante o pasado ano, 1.662 persoas conseguiron un emprego grazas a este servizo, 756 delas con incapacidade laboral.

A entidade tamén pon en marcha unha campaña informativa en redes sociais e nas sedes da Seguridade Social para dar visibilidade ás posibilidades laborais destas persoas e fomentar a súa reincorporación ao mercado de traballo.

0.061203002929688