A Lotería de Nadal deixa numerosos premios en localidades galegas

Este luns, 22 de decembro, celébrase o tan esperado sorteo da Lotería de Nadal, unha cita que cada ano enche de ilusión fogares de toda España. A cita deu comezo pasadas as 9.00 horas despois da presentación dos nenos e nenas que cantarán os premios.
O Sorteo repartirá un total de 2.772 millóns de euros en premios, unha cifra que supera en 70 millóns á repartida o ano pasado.
O Gordo está dotado con 400.000 euros ao décimo; o segundo premio, con 125.000 euros; o terceiro premio, con 50.000 euros; os cuartos (hai dous), con 20.000 euros; e os quintos (hai oito) 6.000 euros ao décimo.
O primeiro en saír é o 70.048, o segundo premio, que repartirá 1.250.000 euros a la serie. Foi vendido integramente en Madrid, pero deixou unha gran cantidade de décimos na cidade de Vigo.
A continuación saíu un dos cuartos premio, o 78.477, premiado con 200.000 euros á serie. Vendido en parte de Andalucía, Valencia, Madrid, Cataluña, as dúas Castelas e o País Vasco.
Ás 10.30 saíu un dos quintos premios, o 23.112, o que lle corresponden 60.000 euros á serie. Foi moi repartido, por Baleares, Aragón, País Vasco, Cantabria, Cataluña ou Andalucía.
60.649 foi o segundo quinto premio en saír. Tocou en Ourense (Administración nº4 de Ervedelo), Pontevedra (Administración nº1 de Michelena), A Illa de Arousa (Administración nº1 da rúa Traviesia Cruceiro), Sanxenxo (Administración nº1 da rúa de Madrid), Málaga, Madrid, Vitoria, Badaxoz... Un premio moi repartido en todo o Estado.
Por fin, saiu o premio Gordo, co número 79.432, agraciado con 4 millóns de euros e repartido entre localidades como La Bañeza, Villablino, Madrid e Pola de Gordón.
O terceiro quinto premio correspondeu ao número 77.715, que deixou a súa fortuna moi repartida por distintos puntos do Estado. O número foi vendido en cidades como Burgos, Zaragoza, Alacante, Valencia, Murcia, Xixón e Oviedo, e tamén tivo presenza en Galicia, con décimos premiados na Coruña (Paseo da Ribeira, 23), en Lugo (rúa San Roque, 53), no Porriño (rúa Ramón González, 7) e en Salvaterra de Miño (Fonte da Vila, 7).
O terceiro premio, que saíu ás 11:12 horas, correspondeu ao número 90.693, agraciado con 500.000 euros por serie. O premio estivo moi repartido por todo o Estado e deixou décimos en provincias como Granada, Biscaia, Alacante, Huelva, Barcelona, Córdoba, Xirona, Tenerife e Madrid, ademais dunha ampla presenza en Galicia, con premios na Coruña (rúa Alcalde Lens, 26 e no C. C. Os Rosales, Rolda de Outeiro), en Chantada (Administración nº 1 da rúa Ánxel Gómez Montero, 2), en Vigo (Estrada de Bembrive, 226 e rúa Ramón Nieto, 359), en Baio (Obispo Romero Lema, 26), en Mesón do Vento (rúa Santiago Apóstolo, 23, Ordes), en Lugo (rúa Ourense, 82), en Ribadeo (San Roque, 7), na Illa de Arousa (Travesía Cruceiro, 2), en Cuntis (Praza de El Ferrol, 6) e no Porriño (rúa Ramón González, 7), entre moitos outros puntos do país.
En torno ás 11:50 da mañá repartiuse o cuarto quinto premio, que correspondeu ao número 25.412, repartido en Almería, Madrid, Maracena, Morón de la Frontera, Málaga, Salamanca e Zaragoza. De seguido saíu o quinto quinto premio, para o número 61.366, que deixou premio en Ourense (Ervedelo, 20) e Xinzo de Limia (Avenida de Madrid, 4), así como en Albacete, Arroyo de la Encomienda, Barcelona, Gandía, Granada, Guijuelo, Huelma, L’Hospitalet de Llobregat, Madrid e Zamora. O sexto quinto premio foi para o número 94263, repartido en Alcañiz, Monzón e Torrejón de Ardoz.
O número 25.508, correspondente ao segundo cuarto premio, repartiu fortuna en distintos puntos do Estado. Os décimos premiados vendéronse en Ourense (rúa do Paseo, 10), Almería, Arenys de Mar, Arroyo de la Encomienda, Barcelona, Benidorm, Chinchón, Jaén, La Matanza de Acentejo, Madrid, Madrigal de la Vera, Manises, Moraira, Málaga, Pedreguer, Sant Boi de Llobregat, Santander, Sort, Toledo, Ubrique e Villacarayo.
O septimo quinto premio, o 41.716, repartiu sorte en distintos puntos e deixou décimos premiados en Ourense (rúa do Paseo, 10), Madrid, Arganda del Rey, Algete, Segovia, Murcia, Caravaca de la Cruz, Sevilla, San Sebastián, Tarragona e Toledo.
O número 18.669, correspondente a un oitavo quinto premio, deixou décimos premiados en Alcoy, Algemesí, Granada, Las Torres de Cotillas e San Vicente del Raspeig (Manuel de Falla, 8).
CONSULTA AQUÍ TÓDOLOS DÉCIMOS DA LOTERÍA DE NADAL