Compostela acollerá o II Torneo Tuxeleires de Rugby Inclusivo o 26 de abril

A concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa o II Torneo Tuxeleires de Rugby Inclusivo, que se celebrará o sábado 26 de abril no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. O evento está organizado pola Escola de Tempo Libre Don Bosco co apoio do Concello.
“Estamos moi contentas de colaborar con esta iniciativa que xa o ano pasado foi unha experiencia moi positiva. Será unha nova ocasión para erguer orgullosas a bandeira da inclusión no ámbito deportivo, un compromiso firme por Santiago e un valor fundamental do deporte”, subliñou Pilar Lueiro.
Nesta segunda edición participarán catro equipos galegos: o anfitrión Tuxeleires de Santiago, o Crat Sharks da Coruña, Vigo e Ourense, sumando en total 80 deportistas, ademais do persoal voluntario.
A competición comezará ás 11:00 horas e continuará co tradicional terceiro tempo propio do rugby, aberto a todas as persoas que queiran achegarse.
O rugby inclusivo está a vivir unha importante expansión en Galicia desde hai unha década, co nacemento constante de novos clubs. Tuxeleires, fundado en 2022, ten acadado numerosos recoñecementos pola súa labor social e deportiva, como mellor actividade deportiva inclusiva polo Concello e pola Deputación da Coruña.
Ademais da actividade deportiva, Tuxeleires desenvolve xornadas divulgativas e colabora activamente na cre