Concerto en Monforte a ritmo de jazz

GaliciaXa
Alfonso Medina Trio ofrecerá un concerto de jazz xunto con algún tema de jazz latino, no Ateneo Casino de Monforte o vindeiro sábado 8 de maio
alfonso medela trio
alfonso medela trio
2 Maio 2021

Alfonso Medela (piano), Loren Tabarés (contrabaixo) e Luis Vivas (batería) ofrecerán un concerto de jazz con composicións propias e arranxos de Medela, ademais dalgún tema clásico de jazz latino. O concerto será no Ateneo Casino de Monforte, o vindeiro sábado 8 de maio, de 20 a 21 horas.

O Trio é residente dende hai anos do prestixioso Café Jazz Latino de Ourense. Ademais, teñen un vínculo especial con Monforte xa que un dos compoñentes, Luis Vivas, é profesor na Escola de Música Moderna.

O prezo da entrada será de 3 euros para os socios do Ateneo e 5 euros para os non socios.

Para recibir información ou para reservar entradas, o teléfono é 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).

0.17255115509033