'Contos de contrabando' este venres no Ateneo Casino de Monforte

Este venres o Ateneo Caino de Monforte acollerá ao actor e narrador Avelino González. A súa obra está centrada no mundo ferroviario e na tradición oral da Terra de Lemos.
Un espectáculo feito a medida para o Ateneo Casino de historias que resultarán familiares e sorprendentes a un tempo.
Será este venres ás 20.15 horas. A entrada é gratuíta con previa reserva a través do número de teléfono 648 435 033.
Sinopse
Conta a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.
A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Dedícanse os dous a unha actividade comercial sin licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñer en perigo a relación.
E así saltando fronteiras e trámites administrativos, aprendendo linguas e linguaxes segundo é preciso, intentan consumar a súa relación.
Avelino González
Actor, narrador oral, director e tradutor de teatro. É especialista en animación de rúa. Traballou en televisión actuando en series como Serramoura, Pazo de Familia, Padre Casares, Cuéntame ou Seis hermanas. Ademais, tamén fixo diferentes traballos para cine e series web. En teatro foi merecedor de varios premios por obras como Bicos con Lingua ou Comedia.
