Controlado o incendio forestal declarado onte no concello da Lama

O lume iniciouse ás 04,19 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 25 hectáreas
camion-de-bombeiros-trives
20 Sep 2026

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra, está controlado desde as 08,54 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 04,19 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 25 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 11 axentes, 20 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

0.3499448299408