Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, con 25 hectáreas arrasadas

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio rexistrado no concello coruñés de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto, quedou controlado ás 18,58 horas de onte.
Este lume iniciouse ás 22,19 horas do sábado e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 25 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 17 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas e 1 pa.
Por outra banda, o incendio declarado na parroquia de Visma, en A Coruña o domingo quedou extinguido de madrugada tras afectar a 12,58 hectáreas. Afectou a 11 hectáreas de monte raso e 1,58 de arbolado. Para su extinción mobilizáronse 9 axentes, 11 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros, ademais de medios municipais.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.