Convocada unha nova manifestación en apoio aos traballadores de Alcoa

GaliciaXa
O comité de empresa de Alcoa continúa coas manifestacións en apoio aos traballadores. Nesta ocasión será en San Cibrao o día 20
san cibrao alcoa1
san cibrao alcoa1
14 Xuño 2021

O comité de empresa de Alcoa continúa coas manifestacións en apoio aos traballadores e nesta ocasión será en San Cibrao o día 20 de xuño ás 12.00 horas.

Esta manifestación sairá dende a praza dos Campos e dende a organización informaron que haberá un pequeno agasallo para os asistentes. En todo momento cumpriranse as normas de seguridade e o distanciamento social.

A asemblea de traballadores de Alcoa en San Cibrao ratificou o acordo polo que se concederon dous meses máis de prazo de paz social para non perxudicar ao novo proceso de venda aberto o mes pasado e no que hai media ducia de empresas interesadas.

Aínda así, os membros do comité de empresa de Alcoa iniciaron recentemente un novo período de protestas tras a reunión mantida coa dirección da empresa sobre a situación na que se atopa a operación de venda da planta de Aluminio.

Así, desenvolverán un calendario de mobilizacións para as que piden o apoio de todos os traballadores e da comarca así como do resto de veciños. “É fundamental que sigamos demostrando que temos esa forza”, dixo o presidente do comité, José Antonio Zan.

san cibrao alcoa
0.10668182373047