Convocado o premio de investigación en Xestión Cultural Ana Goy Diaz, da USC

A iniciativa, dotada con 3.000 euros, busca promover, recoñecer e difundir estudos inéditos neste campo
facultade-de-humanidades-lugo
19 Jul 2026

A Cátedra Institucional de Xestión Cultural da USC, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, lanza o I Premio de Investigación en Xestión Cultural ‘Ana Goy Diz’ coa fin de promover, recoñecer e difundir na sociedade galega estudos inéditos no campo da xestión cultural.

O premio, dotado con 3.000 euros, diríxese a aquelas persoas que teñan defendido con anterioridade ao curso académico 2025/2026 unha tese de doutoramento, un Traballo de Fin de Grao (TFG) ou un Traballo de Fin de Máster (TFM) en calquera universidade galega, cuxa temática se englobe dentro do ámbito da xestión cultural e que acadase a máxima cualificación académica por parte das respectivas comisións.

O xurado do galardón estará composto polo director e codirectora da Cátedra, os profesores Gonzalo Francisco Fernández Suárez (decano da Facultade de Humanidades) e Mª Dolores Fernández Tilve (Departamento de Pedagoxía e Didáctica) e un representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro electrónico da USC mediante este formulario. O prazo de presentación pecharase o 11 de setembro de 2026.

0.3928689956665