Convocan a unha reunión aos veciños afectados pola construción no novo parque eólico

GaliciaXa
O Concello de Xermade vén de convocar unha reunión informativa cos veciños afectados pola construción do parque eólico Santuario de 180 MW.
muíño parque eólico
10 Ago 2021

O Concello de Xermade vén de convocar unha reunión informativa cos veciños afectados pola construción do parque eólico Santuario de 180 MW, que elevará a súa estrutura entre as provincias da Coruña e Lugo.

Actualmente está en información pública o estudo de impacto ambiental deste parque eólico, prazo que remata o 8 de setembro e que pode consultarse on line.

Para tratar sobre este tema están convocados o martes 17 de setembro, ás 11.00 horas no pavillón municipal de Xermade, para recibir explicacións da técnica municipal, Carolina Cajide.

Para asistir, será necesario reservar praza por motivo de aforo chamando ao Concello, ao 982 501 002.

0.085337162017822