Cultura en Camiño leva este verán 310 espectáculos escénicos e musicais a 88 concellos das rutas xacobeas

A Xunta impulsa unha nova edición de Cultura en Camiño, con máis de 300 funcións gratuítas promovidas en concellos do Camiño de Santiago ata o 31 de agosto.
Plantfest
12 Jun 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove unha nova edición do circuíto festival “Cultura en Camiño”, que entre o 15 de xuño e o 31 de agosto levará 310 actuacións escénicas e musicais a 88 concellos polos que pasan as diferentes rutas xacobeas. Cun investimento de preto de 530.000 euros, a programación está destinada integramente á contratación de 170 formacións artísticas galegas.

A maioría das actividades son de acceso libre e desenvolveranse ao aire libre, dirixidas ao público familiar. Segundo datos de edicións anteriores, prevese superar os 38.000 asistentes.

O programa comeza o 15 de xuño con actuacións en Barreiros (monólogo de Cris de Caldas), Paderne (narración oral con Ángeles Goás) e Vilagarcía de Arousa (Fran Rei e A Vela Circo).

A programación abrangue teatro, danza, música, narración oral, circo e maxia, con nomes como MeRe Clown, Fran Sieira, Mago Tetilla, Pistacatro ou A Banda do Verán. Terá lugar en 32 concellos da Coruña, 17 de Lugo, 17 de Ourense e 22 de Pontevedra. Toda a axenda está dispoñible na Axenda Cultural de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.30892300605774