Curso de cata de aceite de oliva en Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos acolle un curso de cata de aceite de oliva virxe extra.
olivo aceite
8 Sep 2021

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos acolle un curso de cata de aceite de oliva virxe extra.

Esta iniciativa consta de 20 horas de formación e desenvolverase entre o vindeiro luns 13 de setembro e o venres 17 en horario de tarde, de 16 a 20 horas. Cómpre apuntar que está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Así, o curso establece como principais obxectivos aprender e coñecer as propiedades destes aceites de oliva. Nesa liña, valoraranse os atributos positivos que definen un AOVE de alta gama segundo a súa valoración organoléptica.

Así, o programa contén conceptos básicos para a cata de aceites, contemplando a fase olfativa, gustativa e táctil e características sensoriais como o sabor, o aroma, a textura e a cor, ademais de sesións de cata propiamente ditas para valorar a calidade de distintas mostras de produto. Tamén inclúe o proceso de elaboración do AOVE e os factores agronómicos e industriais que inflúen na calidade dos aceites; así como o seu etiquetado, entre outras cuestións.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso de Monforte e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 997 279.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14107894897461