Deputación aumenta un 61 % as axudas ao audiovisual e crea apoio específico a documentais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presentou hoxe a nova edición do programa Rías Baixas Acción, destinado a apoiar a produción de obras audiovisuais na provincia.
Tras a experiencia coa anterior convocatoria, esta edición sobe un 61 % o seu orzamento, pasando de 105 000 € a 170 000 €, e incorpora por primeira vez unha liña específica de 70 000 € para impulsar documentais.
Liña 1 (Ficción e series): 100 000 €
Longametraxes: até 25 000 €
Curtametraxes: até 3 500 €
Series: até 15 000 €
Liña 2 (Documentais): 70 000 €
Documentais longos: até 7 000 €
Documentais curtos: até 3 000 €
Podcasts documentais: até 3 000 €
As bases publicaranse no BOPPO e estará aberto o prazo de solicitude ata o 30 de agosto de 2025. López subliñou que “a Deputación é casa amiga do audiovisual, un motor de economía, turismo e cultura. Somos potencia cultural, polo que este alianza con produtoras é esencial”.
O deputado Cubela destacou a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e AGAPI, e recordou que este apoio complementa outros programas da Deputación, como o Rías Baixas Film Fest ou o Ciclo Mestre Mateo.
“O audiovisual sitúa as Rías Baixas nun escaparate internacional e xerou miles de empregos. Con este programa consolidamos a provincia como un plató de primeira”, concluíu o presidente.