Doble concerto este venres 18 no Ateneo Monforte

Este viernes 18 de marzo el Ateneo Monforte acogerá un doble concierto en el que actuarán Tecor Societatio y Xerezade.
xerezade
16 Mar 2022

Este venres 18 de marzo o Ateneo acolle dobre concerto de música tradicional galega mesturada con outros ritmos. A actuación correrá a cargo de Tecor Societário e Xerezade. Dará comezo ás 21.30 horas e o formato será de pé con barra de consumicións.

O prezo será de 7 euros para os non socios e de 5 euros para os socios do Ateneo Casino. É preciso
reservar entrada no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.

Tecor Sociétario traerá dende Compostela o seu ‘celtic punk’, que se pode escoitar no seu último disco, Caça Maior, lanzado en 2021. A súa vontade é facer temas propios e reinterpretar pezas populares galegas.

Pola súa parte, Xerezade, é un grupo de músicos principalmente do Incio que mesturan folk galego con outros ritmos do mundo. Os temas que interpretan son na súa maioría compostos polos integrantes e con algunhas versións de temas tradicionais.

⚙ Configurar cookies
0.12113690376282