Educación recoñece a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato

A Xunta pon así en valor o traballo e esforzo do alumnado que mellores cualificacións acada ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica para outorgar estes galardóns
alumnado-estudantes-universitarios
17 Oct 2026

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de recoñecer a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2025/26, cuxa resolución se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. Desta forma a Xunta pon en valor o traballo e esforzo das alumnas e alumnos que acadan mellores cualificacións ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica destes galardóns.

Cada unha das persoas galardoadas recibe un premio de 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a distinción faise constar nas certificacións académicas que se emitan do seu expediente e, de ser convocado, estas alumnas e alumnos poderían concorrer tamén ao premio nacional de Bacharelato.

Relación de estudantes premiados

A CORUÑA

  • Ames, IES do Milladoiro: Lourido Rodríguez, Paula
  • Arteixo, IES Manuel Murguía: González Souto, Rita
  • Betanzos, IES Francisco Aguiar: Baladrón Arévalo, David
  • A Coruña, CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida: Edreira Leis, Roi
  • Narón, IES Terra de Trasancos: Mas López, Mateo
  • Santiago de Compostela; IES Plurilingüe Rosalía de Castro: Novillo Cariñena, Brais

OURENSE

  • Ourense, CPR Plurilingüe Santa María: Quintas Alonso, Martina

PONTEVEDRA

  • Cambados, IES Ramón Cabanillas: Fernández Sueiro, Ainara
  • Cangas de Morrazo, IES María Soliño: Rial Otero, Raquel
  • Guarda, A, IES A Sangriña: Rodríguez Rodríguez, Marta
  • Poio, CPR Sek-Atlántico: Feal Aroco, Isabel
  • Pontevedra, CPR Los Sauces: Neira Rivas, Jorge
  • Pontevedra, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús: Acuña Acuña, Dani; Candisano Gillanders, Nicolás Agustín, e Fariña Martínez, Carmen
  • Pontevedra, IES A Xunqueira I: Pérez Mora, Olga
  • Pontevedra, IES Valle-Inclán: González Gómez, Roi
  • Sanxenxo, IES de Vilalonga: García Castro, David
  • Vigo, IES San Tomé de Freixeiro: Fernández López, Uxía
  • Vilagarcía de Arousa, IES O Carril: Gónzalez Criollo, Brais

Para optar a estes premios os estudantes debían ter rematado o Bacharelato no curso 2025/26 nun centro galego e ter unha cualificación media igual ou superior a 8,75. Debían, asemade, superar unha proba específica (proba PEB) que constou de dúas partes. A primeira delas foi unha análise e comentario crítico de texto ou textos, sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario. A segunda constou dun exame da lingua estranxeira que cursase o estudante e doutro de desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, á súa elección.

0.28459692001343