Elena Espinosa critica las rebajas fiscales de Rueda: “Son un insulto a las gallegas y gallegos que esperan servicios públicos dignos”

A deputada socialista Elena Espinosa advertiu que o anuncio do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, sobre novas rebaixas fiscais nos próximos orzamentos da Xunta confirma, unha vez máis, que o Goberno de Alfonso Rueda “prioriza aos que máis teñen”.
“Rebaixas a quen? A quen máis ten, como veñen facendo nos últimos anos?”, cuestionou Espinosa, quen lamentou que o Executivo galego baixe impostos aos máis ricos mentres se agravan os problemas en sanidade, dependencia e educación, e mentres faltan prazas de bombeiros forestais e se obriga aos concellos a asumir competencias sen financiamento.
A parlamentaria socialista advertiu que baixar impostos significa ter menos recursos públicos, o que se traduce en recortes en dereitos e igualdade de oportunidades.
Nesta liña, Espinosa acusou ao Goberno galego de abandonar os servizos públicos e ás persoas máis vulnerables, asegurando que “cada euro que deixan de ingresar para favorecer aos máis acomodados é un euro menos para garantir atención médica, dependencia, educación ou servizos municipais”.
“Esa é a súa prioridade: o beneficio duns poucos fronte ao benestar da maioría”, concluíu.