Entregados os premios da feira de gando cabalar das San Lucas, que comezou cunha homenaxe a Luciano García

O deputado de Medio Rural Daniel García participou este mediodía na entrega de premios da Gran Feira Cabalar das San Lucas, en Mondoñedo, onde se recoñeceron as mellores ganderías e exemplares da feira e da baixada tradicional.
Así, recibiron premios as gandeirías con máis animais na baixada tradicional -Xan das Bouzas, Javier Ares e Tania Pérez- e con máis animais na feira -Abel.Sánchez e Alberto García-, así como os mellores exemplares (macho e femia) de Pura Raza Galega, Pura Raza Árabe e Pura Raza Española, os mellores cabalos de tiro, de silla, e tamén os mellores burros e os mellores poldros nados en 2026.
Daniel García valorou “o recoñecemento e visibilidade que As San Lucas dan ao gando cabalar e aos gandeiros e gandeiras que os coidan durante o ano, facendo un traballo fundamental para o coidado dos montes e a conservación das paisaxes tradicionais”
A entrega de premios comezou cunha homenaxe a Luciano García, falecido o pasado mes de xullo, un dos impulsores da baixada dos cabalos das San Lucas e dos fundadores de Puraga.