Estabilizado un novo incendio en Xermade, que se declarou este domingo

O lume iniciouse ás 16.19 horas e para a súa extinción mobilizouse un amplo operativo integrado por catro axentes, un técnico e oito brigadas
hidroavion-extincion-incendios-monte-lugo
6 Jul 2026

Un incendio forestal declarado na tarde deste sábado na parroquia de Lousada, no concello de Xermade, quedou estabilizado ás 19.58 horas tras afectar a unha superficie de arredor de catro hectáreas.

O lume iniciouse ás 16.19 horas e para a súa extinción mobilizouse un amplo operativo integrado por catro axentes, un técnico e oito brigadas. Ademais, participaron nos traballos catro motobombas, dúas pas, catro helicópteros e tres avións.

Pola súa banda, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico desprazou tamén un helicóptero para colaborar nas tarefas de control e extinción do incendio. Este actuou de forma coordinada co dispositivo da Xunta de Galicia para frear o avance das lapas e lograr a estabilización do incendio.

0.27019214630127