Expourense comeza os preparativos do VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte

Expourense comeza cos preparativos VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte que terá lugar no recinto feiral os días 11 e 12 de decembro de 2025. Con este motivo, esta mañá tivo lugar o primeiro encontró do comié organizador, no que estiveron presentes unha vintena de expertos e representantes das distintas administracións, federacións deportivas, asociación e centros de formación.
Baixo o lema “Conectar, compartir e medrar”, este VI Congreso Internacional ten o obxectivo de convertirse nun evento de referencia en Galicia para concienciar do alto retorno económico e social dos eventos deportivos que ademais atendan a estratexias de atención á diversidade e sustentabilidade. Este congreso seguirá inistindo ademais na neceidade da formación cualificada dos profesionais que se adiquen ao turismo activo. O Congreso elebrarase en Expourense os días 11 e 12 de decembro de xeito complementario a Sportur Galicia.
Durante a reunión deste mércores perfiláronse os bloques temáticos do congreso sobre os que se traballará nos vindeiros meses.
A cita contou coa participación do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; a directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o deputado provincial de Ourense, Rosendo Fernández; a subdirectora xeral de Deporte da Xunta de Galicia, Belia Méndez, e o técnico en xestidón deportiva da Deputación de Ourense, Gabriel Fernández. Este comité contou ademais coa participación de representantes da Universidade da Coruña, de distintos departamentos da Universidade de Vigo, do centro Galego de Innovación da Formación profesional e do CIFP A Farixa. Participou ademais a directiva do Cluster Galego do Deporte, da Fundación ENKI, de AGETAN e da Asociación de Deportes Náuticos de Galicia.