Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, que arrasou 25 hectáreas

Para a súa extinción mobilizáronse en total 20 axentes, 22 brigadas, 15 motobombas e 1 pa
incendio-camarinas
19 Oct 2026

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio rexistrado no concello coruñés de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto, quedou extinguido ás 13,10 horas de hoxe.

Este lume iniciouse ás 22,19 horas do sábado 17 e finalmente afectou unha superficie de 25,47 hectáreas, das cales 13,47 son de monte raso e 12 de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 20 axentes, 22 brigadas, 15 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

0.50113916397095