Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, que afectou ao parque do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 04,47 horas de hoxe.
Este lume iniciouse onte ás 21,10 horas e finalmente afectou unha superficie de 4 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 4 brigadas e 4 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.