Extinguido o incendio forestal do concello ourensán do Riós

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán do Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido ás 19,26 horas de hoxe. Nel foi necesario decretar a Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces.
O incendio iniciouse o sábado ás 16,54 horas e finalmente unha superficie de 28,21 hectáreas, das cales 18,71 se corresponden con monte raso e 9,5, con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 3 técnicos, 22 axentes, 30 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.