Extinguido o lume en Muíños que afectou ao Parque do Xurés

O incendio que entrou desde Portugal afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés cunha superficie de preto de 2 hectáreas.
Incenciio
11 Apr 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que está extinguido, desde as 17.39 horas, o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que accedeu a Galicia desde Portugal e afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de arredor de 2 hectáreas de monte raso, dentro deste espazo natural.

O lume chegou á nosa comunidade arredor das 13.20 horas deste mediodía e para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

A Consellería lembra que está dispoñible para a cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. A información actualizada sobre incendios que superen as 20 hectáreas pode consultarse tamén na conta de X (antigo Twitter): @incendios085.

⚙ Configurar cookies
0.10636591911316