Extinguido un conato de incendio no Xurés, en Calvos de Randín

Un conato de incendio forestal afectou este sábado 100 metros cadrados do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na parroquia de Randín, no municipio ourensán de Calvos de Randín.
O lume iniciouse ás 18:44 horas e quedou extinguido ás 20:22 horas. Nos labores de control participaron un axente forestal, unha brigada e unha motobomba.