Extinguidos os incendios da zona de Corrubedo e da Mezquita

Está extinguido desde as 00.18 horas de hoxe un conato de incendio na localidade coruñesa de Ribeira, parroquia de Olveira. Comezou ás 22.53 horas de onte e afectou unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Para a súa extinción mobilizáronse, de maneira acumulada, 1 axente e 1 motobomba.
Tamén desde as 18.18 horas de onte está estabilizado o incendio forestal do concello da Capela, na parroquia homónima. O lume comezou ás 05.27 horas de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta a 50 hectáreas, todas elas dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 3 técnicos, 19 axentes, 29 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 avións e 5 helicópteros.
Ás 0.55 horas de onte quedou controlado outro lume rexistrado neste mesmo concello da Capela, tamén na parroquia homónima, que se iniciou o domingo ás 04.06 horas e que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 18 axentes, 25 brigadas, 26 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
Finalmente, quedou extinguido ás 21.05 horas de onte o lume do concello da Mezquita, na parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas do domingo e que finalmente afectou, en Galicia, unha superficie de 61,27 hectáreas, das cales 51,4 corresponden a arborado e as 9,87 restantes a terreo raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de maneira acumulada, 1 técnico, 17 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 avións e 7 helicópteros.