Feijóo pide aos galegos "a súa confianza" a través dun vídeo

O líder do Partido Popular sinala o 29N como a “oportunidade” para darlle a Galicia un Goberno de España que “a trate como merece”
feijoo_en_lugo
16 Nov 2026

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo pide aos galegos e galegas a súa confianza e apoio para “o cambio necesario”. A través dun vídeo, o líder dos populares reivindica Galicia e asegura que o 29N temos a “oportunidade” de darlle a Galicia un Goberno de España que “a trate como merece”.

Neste vídeo, Alberto Núñez Feijóo remarca as súas raíces e recorda o seu paso polo Goberno galego ao longo dos 13 anos que foi presidente da Xunta de Galicia, o aval co que se presenta ás Eleccións Xerais do próximo 29 de novembro. Destaca a economía, as institucións, os servizos públicos e a importancia da unión da sociedade, así como o rural, o mar e a industria.

Ademais, afirma querer gobernar España para darlle a Galicia o que sempre pediu en Madrid: unhas infraestruturas dignas, un modelo de financiamento autonómico xusto e unhas condicións que sigan facendo de Galicia unha terra atractiva para investir, traballar e formar unha familia. Para iso, o líder dos populares pediu o voto para “o cambio necesario”.

0.38197302818298