Ferrol acollerá en setembro a 39ª Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto

O pavillón da Malata, en Ferrol, será o escenario da 39ª edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto, que se disputará os días 11 e 12 de setembro coa participación de catro dos principais equipos galegos.
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu este martes á presentación oficial do torneo, na que reafirmou o apoio da Xunta ao baloncesto feminino.
Nesta edición competirán o Baxi Ferrol, anfitrión da competición, o Durán Maquinaria Ensino, o Celta Femxa Zorka e o Sparking Truth Maristas Coruña, que buscarán conquistar un dos primeiros títulos da tempada.
A Copa Galicia Sénior Feminina alcanza así a súa trixésimo novena edición consolidada como unha das citas tradicionais do calendario do baloncesto galego, reunindo cada ano aos principais equipos da comunidade antes do inicio das competicións oficiais.