Formación sobre transformación dixital no Ateneo Casino
A AJE de Lugo ofrece no Ateneo Casino, o próximo 11 de maio de 10:30 a 13:00 horas, unha formación sobre transformación dixital.

5 May 2021
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo ofrece no Ateneo Casino, o próximo 11 de maio de 10:30 a 13:00 horas, unha formación que forma parte do ciclo de obradoiros que organiza a AJE ao longo do ano de maneira virtual e presencial para a consecución da transformación dixital 4.0.
No obradoiro falarase de ERP (Planificación de recursos de empresas) e CRM (Gestión de las relaciones con clientes) con Leticia Prada da Escuela de Emprendedores e con Computer 3, empresa especialista en transformación dixital.
A inscrición é gratuíta pero é preciso reservar previamente.
Para máis información ou para a inscripción pódese contactar a través do correo: info@ajelugo.com ou no tlf. 982 224 699
