Galicia lidera o número de sendeiros azuis e Sanxenxo destaca como referente nacional

Galicia conta este ano con 54 sendeiros azuis, que suman máis de 388 quilómetros de percorridos naturais, e Sanxenxo consolídase como o municipio español con máis rutas galardoadas.
Sendero Azul
25 Jun 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou a coñecer Galicia a través das súas 54 rutas galardoadas este ano co distintivo de Sendeiro Azul, un programa que recoñece a posta en valor de itinerarios naturais sostibles. Durante unha visita a Sanxenxo, onde participou no izado da bandeira da ruta dos Carballos de Aldariz, destacou o papel deste municipio como referente nacional pola súa xestión ambiental exemplar.

Galicia lidera este ano a clasificación estatal con 54 sendeiros azuis repartidos nas catro provincias, que suman en total máis de 388 quilómetros. Sanxenxo conta con oito destes itinerarios, entre os que destacan a senda fluvial do río Pontillón, o sendeiro máxico da Lanzada e varias rutas litorais. Ademais, é o municipio con máis praias con bandeira azul (17), tres portos deportivos distinguidos e un centro azul.

O programa recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas naturais para fomentar a conectividade ecolóxica, a sensibilización ambiental e a planificación sostible. Sanxenxo é, segundo a conselleira, un exemplo a seguir pola súa aposta continuada pola excelencia ambiental.

⚙ Configurar cookies
0.28427004814148