Galicia mantén por cuarto ano consecutivo o liderado na escolarización 0-3

O novo curso nas escolas infantís, que comezará o 7 de setembro, volverá ser gratuíto para o 100 % do alumnado en todas as escolas infantís
horto-escola-infantil-san-cibrao
28 Aug 2026

Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional.

Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %.

Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís. A nosa comunidade foi a primeira de España en poñer en marcha esta iniciativa e o novo curso, que comezará o vindeiro día 7 de setembro, será o quinto no que as familias non pagarán nada pola atención educativa dos seus fillos, os leven a unha escola 0-3 pública, de iniciativa social ou privada.

A Xunta destina 68 millóns de euros de fondos propios a financiar a gratuidade, da que se poden beneficiar máis de 32.000 familias. O obxectivo do Executivo autonómico é que neste novo curso que está a piques de comezar Galicia volva ser líder a nivel nacional na ratio de escolarización 0-3.

0.2798318862915