Galicia ten activa a alerta amarela por choivas e treboadas este mércores

Diferentes zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra estarán baixo aviso, segundo as previsións de MeteoGalicia
mapa-alertas-galicia-treboadas
26 Aug 2026

Diferentes zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra estarán baixo aviso por precipitacións intensas e treboadas, segundo as previsións de MeteoGalicia.

A chegada dunha borrasca deixará este mércores chuvias localmente fortes e episodios de treboada en distintos puntos de Galicia, o que levará a activar o aviso amarelo en varias zonas da comunidade.

Na provincia da Coruña, a alerta por precipitacións afectará ao interior, ao oeste e ao suroeste, mentres que en Ourense estará activa no sur da provincia. Tamén se incluirá no aviso o litoral de Pontevedra.

O aviso por chuvia comezará ás 9:00 horas e permanecerá activo ata as 15:00 horas. Durante este período espéranse acumulacións que poderían superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora.

Ademais, A Coruña e Pontevedra estarán en alerta amarela por treboadas entre as 12:00 e as 18:00 horas, ante a posibilidade de que se rexistren episodios localmente intensos.

O paso da borrasca tamén provocará un descenso moderado das temperaturas. O vento soprará do sur-suroeste con intensidade moderada e poderá alcanzar forza forte no litoral atlántico.

0.25304508209229