Lanzós recupera en marzo as súas patronais
A parroquia vilalbesa de Lanzós volverá celebrar as súas festas patronais este ano, que están convocadas para os días 12 e 13 de marzo.

21 Feb 2022
A parroquia vilalbesa de Lanzós volverá celebrar as súas festas patronais este ano, que están convocadas para os días 12 e 13 de marzo na honra a San Xosé.
As actividades darán comezo o sábado coa celebración da misa solemne seguida da sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Principal.
Pola noite haberá verbena a cargo da mesma orquestra e de París de Noia.
O domingo haberá tamén misa pola mañá e sesión vermú. O apartado musical estará a cargo da orquestra Principal de novo.