López reivindica a moda das Rías Baixas cunha colección do Campus de Pontevedra

Luis López destaca a alianza entre a Universidade de Vigo, Bimba y Lola e Palomo Spain para impulsar o talento creativo do Campus de Pontevedra a través dunha colección elaborada por estudantes e exposta no Museo de Pontevedra
Palomo
Actualizada el 24 noviembre 2025, 09:51 horas
23 Nov 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, destacou a importancia da colaboración entre a Universidade de Vigo, a marca galega Bimba y Lola e o deseñador internacional Palomo Spain para promocionar a moda, a creatividade e o talento emerxente da provincia. Fixoo durante a presentación da colección realizada por estudantes do Campus de Pontevedra, que xa pode visitarse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Adoito dicir que as Rías Baixas están de moda, pero hoxe tamén se pode afirmar que a moda está nas Rías Baixas”, expresou López, acompañado polo vicepresidente provincial Rafa Domínguez. O presidente subliñou que a presenza conxunta de referentes internacionais e novas promesas “dános a razón na aposta que facemos pola cultura e a creatividade”.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 23 de novembro, recolle as creacións de quince estudantes do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. O alumnado traballou directamente con Palomo Spain e coa firma Bimba y Lola para dar vida a unha colección que forma parte da programación da pasarela Debut, organizada cada ano pola Facultade de Deseño de Pontevedra.

O vicepresidente Rafa Domínguez salientou que iniciativas como esta fortalecen a identidade cultural da cidade: “A Universidade é un dos elementos que converten Pontevedra nun fervedoiro creativo. Cun Campus Crea centrado no deseño gráfico, moda, comunicación audiovisual e publicidade, contamos cunha canteira chamada a situarnos como un referente de primeira categoría”.

López tamén tivo palabras de agradecemento para Bimba y Lola, “emblema do tecido empresarial e da moda galega”, polo seu apoio ao ensino e pola súa aposta polo talento local, así como para Palomo Spain pola súa presenza na provincia. “A moda nas Rías Baixas ou das Rías Baixas sempre será benvida”, concluíu.

⚙ Configurar cookies
0.79568600654602