Luís Caruncho actúa este sábado na Casa de Manuel María

GaliciaXa
Este sábado, 5 de febreiro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle un concerto da man do gaiteiro, zanfonista e cantor Luís Caruncho.
luis coruncho manuel maria_portada
luis coruncho manuel maria_portada
3 Feb 2022

Este sábado, 5 de febreiro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle un concerto da man do gaiteiro, zanfonista e cantor Luís Caruncho, que presentará o seu traballo Poemas no peito.

O músico interpretará poemas que van desde Rosalía, até Marta Dacosta, Olga Novo, Olga Patiño..., pasando por Manuel María, co acompañamento musical da zanfona, a pandeireta e o pandeiro.

Para asistir á actividade cómpre reservar previamente o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

0.16471099853516