Lydia Pérez logra o bronce na Lucha Praia e remata cuarta do mundo no ranking de -60 quilos

A deportista pontevedresa foi a única representante española no quinto Ranking Series Mundial de Lucha Playa, disputado en Katerini (Grecia), onde gañou catro combates
Podio-Lydia-Perez-loita-praia
28 Sep 2026

A loitadora pontevedresa Lydia Pérez conseguiu a medalla de bronce no quinto Ranking Series Mundial de Lucha Playa, celebrado os días 26 e 27 de setembro en Katerini, Grecia. A deportista foi a única representante española presente na competición e participou na categoría de menos de 60 quilos, cun balance de catro vitorias e unha derrota.

Na primeira rolda, Lydia Pérez impúxose á caboverdiana Nogona Celine Josee Bakayoko, mentres que na segunda derrotou á grega Aikaterini Vekri. Na terceira rolda da fase de grupos venceu á francesa Alice Gardy, o que lle permitiu avanzar ata as semifinais.

Na penúltima rolda, a deportista pontevedresa perdeu por 1-0 ante a ucraína Sofiia Kushnir. Posteriormente disputou o combate pola medalla de bronce contra outra representante de Ucraína, Anastasiya Kravchenko, á que conseguiu superar pola mínima para subir ao podio.

Co resultado obtido en Grecia, Lydia Pérez rematou finalmente na cuarta posición da clasificación mundial da categoría de menos de 60 quilos. A loitadora só puido participar en tres das cinco competicións que compoñen o Ranking Series Mundial de Lucha Playa, unha circunstancia que limitou as súas opcións de loitar polas primeiras posicións da clasificación.

Agora, Lydia Pérez centrará a súa preparación no Mundial absoluto de Loitas Olímpicas, que se disputará en Astana, Casaquistán, entre o 24 de outubro e o 1 de novembro.

0.3530068397522