Máis de 230 concellos galegos promoven iniciativas de conciliación e corresponsabilidade grazas ao apoio da Xunta

A Xunta financia con 6,5 millóns de euros do Plan Corresponsables campamentos e actividades para a infancia en períodos non lectivos. A conselleira Fabiola García denuncia o recorte de 2,3 millóns por parte do Goberno central.
Fabiola
3 Jul 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, visitou este martes ás nenas e nenos participantes no campamento de verán que se desenvolve no CEIP As Veigas, e que durante o día gozaron dunha xornada na praia fluvial de As Freixas. Durante a visita, destacou que máis de 230 concellos galegos están a desenvolver iniciativas de conciliación e corresponsabilidade familiar grazas ao apoio da Xunta de Galicia.

Segundo explicou, o Goberno galego destina 6,5 millóns de euros do Plan Corresponsables —cofinanciado polo Ministerio de Igualdade— para financiar diferentes campamentos e actividades dirixidas á infancia e adolescencia durante os períodos non lectivos. No caso concreto de Ponteareas, este concello recibiu 55.000 euros para pór en marcha un amplo programa que inclúe un campamento urbano no CEIP As Veigas e outro de carácter rural no centro cultural da parroquia de Bugarín.

Fabiola García lamentou que o Goberno central recortase 2,3 millóns de euros nas achegas destinadas ao Plan Corresponsables en Galicia, o que cualificou de falta de compromiso coas familias. Asegurou que, malia este cambio “a metade do xogo”, a Xunta continuará apostando pola conciliación e a corresponsabilidade, colaborando cos concellos como mellor fórmula para chegar a toda Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.1818699836731