Malditos Roedores amenizará a homenaxe a Xela Arias
O grupo sarriá, que presentou no confinamento unha canción co virus de protagonista, actuará na homenaxe a Xela Arias.
29 Abr 2021
Malditos Roedores, o grupo que creou unha canción no confinamento co virus de protagonista, actuará o sábado 1 de maio no Malecón de Sarria ás 17:30 horas.
O concerto acompañará á presentación da exposición Xela Arias. A poesía e o retrato, onde se atoparán 20 retratos da autora emparellados con fragmentos dos seus textos poéticos.