Mareira Fest trasládase á Sala Pantalán e promete a súa edición máis ambiciosa

O Mareira Fest celebrarase finalmente o 26 de abril na Sala Pantalán da Coruña cun cartel de 13 bandas e máis de 10 horas de música. A organización aposta polo formato reducido e manterá todas as actuacións previstas.
Moura
17 Apr 2025

A Coruña acollerá o vindeiro sábado 26 de abril a edición máis ambiciosa do Mareira Fest, que finalmente se celebrará na Sala Pantalán (Praia de Oza, nº1). A organización viuse obrigada a cambiar de recinto por causas alleas á súa vontade, co obxectivo de garantir o desenvolvemento do festival e manter o seu compromiso co público e coas 13 bandas participantes.

O evento, promovido polo Colectivo Mareira e con apoio de Cervezas Alhambra, ofrece unha coidada proposta de pequeno formato cun aforo limitado a 300 persoas, que contará con máis de 10 horas de música ao vivo, desde as 16.00 até as 03.00 horas.

No cartel desta edición figuran Al final solo habrá cenizas, Arden Lux, Black & Blue, Black Pyramid, Death Whistle, Fouce, Lys Morke, Maquina., Moura, Sangre de Muérdago, Santacreu, Unamoto e Viernes y Furia. Máis de 30 artistas subirán ao escenario para ofrecer unha experiencia sonora intensa, que abrangue desde o post-rock e o post-metal ata a electrónica experimental.

Ademais do habitual servizo de barras, a sala contará cun food truck vexetariano de Vanetta Food con produtos galegos.

Horarios Mareira Fest 2025:

  • 16.00h - Fouce

  • 16.45h - Al final solo habrá cenizas

  • 17.30h - Unamoto

  • 18.05h - Black & Blue

  • 18.35h - Santacreu + Lys Morke

  • 20.20h - Black Pyramid

  • 21.10h - Sangre de Muérdago

  • 22.00h - Ritual da queimada

  • 22.20h - Moura

  • 23.30h - Maquina.

  • 00.40h - Death Whistle

  • 01.00h - Arden Lux

  • 02.15h - Viernes y Furia

⚙ Configurar cookies
0.10698795318604